Diario de aula

Xoves, 19 de xuño de 2014

Día sen deberes.
Recomendacións: Lede a revista Aturuxo e mañá contádesnos o que máis vos gustou de todo o que fixemos e da revista.

Mércores, 18 de xuño de 2014

Interdisciplinar: Estamos rematando, xa queda moi pouquiño. Mañá escoitaremos e poderemos ler os libriños que non puidemos ver hoxe. Ánimo.

Martes, 17 de xuño de 2014

Interdisciplinar: "Libriños". Xa sabedes que mañá tendes que presentar os libriños. Hoxe xa puidemos ver na clase tres deles, moi ben feitos. Quedámonos coas ganas de lelos, pero iso será mañá. Que emoción!!!!

Luns, 16 de xuño de 2014

Matemáticas: Repasade ben o tema da capacidade, a masa, o tempo e o diñeiro, porque maña repetiredes o exame aqueles que non sacachedes unha calificación suficiente e os que queirades subir nota.

Coñecemento do Medio. Podedes ver diferentes capítulos da serie "Erase una vez el hombre". Hoxe vimos o primeiro e so poderemos ver algún máis na clase. A disfrutar aprendendo!


Venres, 13 de xuño de 2014

Galego: Estudade para o exame do luns: Recordade que tendes que saber as clases de oracións (enunciativas, interrogarivas e exclamativas), as palabras con ge, gue, güe, as familias de palabras. Tamén tendes que recordar como se escriben as obras de teatro e que cada oración ha de ter un verbo. Por suposto hai que saberse o nome de moitas ferramentas.

Coñecemento do Medio: Preparade unha exposición oral de un minuto sobre calquera dos oficios e as súas ferramentas. Se o facedes ben xa non teredes que facer exame deste tema.

Interdisciplinar. Noraboa aos que xa presentáchedes o traballo. Moi ben rapaces!! Rocordade que tratades sobre o voso tema favorito e que hai que entregalo o mércores como moi tarde.

Matermáticas: O martes repetiremos os exames sobre masa e capacidade e sobre os reloxios e moedas. Preparádevos ben. Noraboa aos que xa os superáchedes.


Xoves, 12 de xuño de 2014

Castellano: Estudiad para el examen de mañana: palabras parónimas, palabras terminadas en -d o en -z, pronombres personales y caligramas. Ánimo, que ya queda poquito.

Interdisciplinar: Tendes que facer un libriño sobre o tema que prefirades. Pode ser un conto, ou un texto sobre animais, sobre o espazo, sobre as plantas, oficios ... ou sobre calquera outro que vos apasione.
Ten que ter a portada en cartolina e no interior terá un mínimo de dous folios (doblados pola mitade) escritos con boligrafo e con marxe suficiente. Na primeira páxina ha de figurar o nome do autor e o título e na seguinte debería estar o índice. Na última páxina poñeremos a bibliografía consultada se utilizamos libros ou páxinas de internet). Teñen que estar entregados o vindeiro mércores.


Mércores, 11 de xuño de 2014

Matemáticas: Páxina 171, problemas: 8, 9, 10, 11, 12 e 13. Estudiade para o exame de mañá o reloxio, as moedas, as táboas, as unidades de masa e capacidade.

Coñecemento do Medio: Esquema da páxina 148 (para o venres).


Martes, 10 de xuño de 2014

Matemáticas: Estudamos para o exame do xoves. Repaso de restas e divisións. Repaso do reloxio e das moedas. Repaso de unidades de medida. Quédavos por entregar a ficha de exercicios a case media clase. É importante que a entreguedes antes do exame, para que revisemos o que hai que mellorar ou o que non entendedes ben.

Coñecemento do Medio: Recordade que mañá repetiremos o exame de coñecemento para aqueles que non sacachedes unha boa calificación. Estudade ben os oficios de cada un dos sectores e aproveitade para pensar xa nas ferramentas que se precisan en cada oficio.

Luns, 9 de xuño de 2014

Matemáticas: Ficha. Repaso de pesas e medidas. Preparade o exame para o xoves. Recordade que volveremos revisar o valor das moedas, os reloxios, as divisións (e polo tanto as táboas de multiplicar) e,por suposto as medidas de masa e capacidade.

Galego- Coñecemento do Medio: Texto informativo. Os nosos oficios, as ferramentas. (Traballo voluntario).

Venres, 6 de xuño de 2014

Galego: Texto informativo: Neira Vilas, Manoele de Felisa ou a excursión ao Grove e no catamarán

Castelán: Texto informativo: Pesas e medidas

Cada alumno escolle o tipo de texto que prefira, sexa en castelán ou en galego. Ten que redactarse nun folio en branco, a bolígrafo, deixando os marxes correspondentes, cunha letra pequena, coidada, bonita...


Xoves, 5 de xuño de 2014

Galego: Páxinas 182-183, exercicios 2 e 3. Tedes pendente tamén o escrito dobre Neira Vilas para o blogue. Podedes mirar no blogue de 3º A o vídeo cunha das cancións que escoitamos onte, que xa subiu a profe Laura.

Castelán: Recordade que tedes que presentar, con bolígrafo, a valoración final do curso de 3º. Deixade marxe. Planificade ben os diferentes parágrafos cos temas a tratar en cada un. Pendabe ben cada frase antes de escribila. Revisade o escrito antes de seguir escribindo. Revisade cada frase ao rematar de escribila. Lede cada parágrafo completo antes de cambiar de tema. Non o entreguedes sen unha lectura completa do texto.  Parabéns para os que xa o remataron.
E recordade que non repetimos os verbos, substantivos, adxectivos ou advervios.


Mércores,4 de xuño de 2014

Matemáticas: Páxina 168, exercicios 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9.

Galego:Texto informativo: "A visita de Neira Vilas". Este traballo é voluntario para os que queiran participar como redactores no blogue de aula.

Martes, 3 de xuño de 2014

Matemáticas: Páxina 167, exercicios 6 e 7. Divisións e repaso das táboas

Castelán: Páxina 177, exercicios 9 e 10. Aprendede as "palabras parónimas".

Galego: Preparando a visita de Neira Vilas:  Mañá teñen que estar todos os traballos rematados para recibir ao ilustre escritor Neira Vilas.


Luns, 2 de xuño de 2014

Galego, Coñecemento do Medio: Recordade todas as cousas que vimos e aprendemos hoxe na visita ao Acuario e no Catamarán.

Aproveitade para revisar e preparar todas as tarefas que aínda tendes pendentes.

Venres, 30 de maio de 2014

Castellano: Ficha. Primero intentáis recordar las clases de palabras que hemos estudiado este año (variables). Aún no estudiamos las invariables, pero ya hemos hablado de ellas en varias ocasiones y ya sabemos las más frecuentes: Preposiciones (a, con, de, en, por, para), Conjunciones (y, pero, que, ni) y Adverbios (muy, bien, más, hoy, ya ...). Hoy hemos recordado de una forma divertida como pensar en muchos verbos diferentes, para no repetir siempre los mismos en nuestros escritos. Escribir cinco será sencillo. Los determinantes se os resisten un poquito, sobre todo los más importantes y que escribimos en primer lugar. Empiezan con AAAAA..... (Si, los Artículos), luego los demostrativos, los posesivos, los numerales y los indefinidos (algún, mucha, pocos ...). Cuando completéis la ficha inventáis una frase de diez palabras y la analizáis como hemos aprendido en clase.

Coñecemento do Medio: Lectura completa do tema, valorando cantos apartados imos estudiar (títulos, subtítulos, imaxes e pés de foto), lectura logo moi detallada fixándonos ben nas cousas que xa sabemos e naquelas que son novas e imos aprender. Tamén imos traer preguntas para investigar logo na clase sobre este tema.

Excursión: Recordade que o luns temos a excursión ao Grove. Traede viseira, mochila pequeniña cun botellín de auga, merenda e unha libretiña pequena ou a axenda cun bolígrafo.


Xoves, 29 de maio de 2014

Matemáticas: Páxina 166, exercicios 1, 2, 3 e 4.

Galego: Preparando a visita de Neira Vilas, buscade información sobre este estritor galego tan importante e preparade, coa axuda dos vosos pais a máis bonita presentación do seu poema "Formigas". 



Mércores, 28 de maio de 2014

Galego: Estudade para o exame de mañá. Recordade que tedes que saber identificar os verbos nun texto, poñer un verbo en presente, pasado ou futuro, recordar como se escriben as palabras rematadas en-aba, como inventar adiviñas procurando coidar a rima...
Tamén podedes ir preparando unha bonita ilustración do texto "As formigas" de Xosé Neira Vilas" coa axuda dos vosos pais.

Martes, 27 de maio de 2014

Matemáticas: Páxinas 162-163, exercicios 3, 4, 5 e 6

Coñecemento do Medio: Estudade para o exame de mañá. 

Luns, 26 de maio de 2014

Castelán: Estudade para o exame de mañá.


Venres, 23 de maio de 2014

Castellano: Ficha de gramática. Tenéis que completar la ficha.
Por la parte de atrás inventáis una frase de 10 palabras y las analizáis como hemos aprendido en clase. Fijaos bien ya que, en los determinantes , sustantivos y adjetivos tenéis que indicar el género y el número (solo las iniciales) y en los verbos ha de indicarse el infinitivo del verbo al que se refiere. Recordad que para realizar el análisis de las palabras de la oración os será más sencillo si buscáis en primer lugar el verbo (Ya sabéis que toda oración ha de tener un verbo). A continuación buscáis los sustantivos (Recordad que los sustantivos son los nombres de las cosas que podemos ver, escuchar, sentir ...) para continuar descubriendo los determinantes o los adjetivos que acompañan a los sustantivos y concuerdan en género y número). Finalmente localizamos las preposiciones, conjunciones o adverbios observando los que ya hemos aprendido o escrito en la ficha (Recordad que estas palabras no varían: no pueden escribirse en plural nunca).


Xoves, 22 de maio de 2014

Galego: Rematade a plantilla dos verbos. Recordade. Tedes que atopar, na lectura "O xigante egoista" os verbos que aparecen en cada frase e pensar como son as formas verbais en presente, pasado e futuro, poñer o infinitivo e a conxugación.
Para non confundir un verbo cun sustantivo recordade que o sustantivo pode levar diante un determinante (un ___, unha ____), mentres que o verbo levará diante un pronome (eu ____, ti ___, eles ____ ).
Para non confundir o verbo cun adxectivo recordade que o adxectivo vos di COMO é o substantivo.
En calquera caso, cando pensedes que atopáchedes un verbo, tedes que poder dicir sempre o infinitivo do verbo atopado (que terá que rematar en -ar, -er, ou -ir); por exemplo: ían é do verbo ir; saían é do verbo saír, cantaba é do verbo cantar. Pero non podo dicir "suave é do verbo suavar, suaver nin suavir", non existe algo parecido; suave é un adxectivo que me di como é o tempo ...

Coñecemento do Medio: Tende preparados os debuxos e os textos para o mural que vos toca expoñer mañá, pois do contrario non vos dará tempo a telo rematado.

Os que non trouxéchedes hoxe a autorización e os cartos para ir á excursión de fin de curso, recordade que a data tope para presentala é o luns.

Mércores, 21 de maio de 2014

Galego: Páxinas 170- 171, exercicios 2 e 3. Felicitacións a toda a clase pola representación da obra "O piollo e a pulga".
Tendes que inventar un poema con versos encadeados e aprendervos unha adiviña.

Coñecemento do Medio: Rematade os murais sobre os sectores de produción para a exposición do venres. Recordade que cada membro do grupo ha de ter preparada unha parte para expoñer.

Castelán: Preparade a cronolectura os que aínda non a fixéchedes para o venres.

Martes, 20 de maio de 2014

Castelán: Páxinas 164 e 164, todos (do 1 ao 7)

Matemáticas: Traede da casa os recipientes de medida que poidades (poden ser instrumentos de medida de capacidade ou de masa/peso).  

Luns, 19 de maio de 2014

Galego: Preparade a ledtura dramatizada de "O piollo e a pulga" (Tema 11)

Coñecemento do Medio: Preparade un borrador nun folio ou nunha folla dalibreta, co esquema dos sectores primario, secundario e terciario  (e os traballos que comprende cada sector) por un lado, e coa distribución de cada parte do tema para o mural do grupo, pola outra parte.


Venres, 16 de maio de 2014. Semana das Letras Galegas: Xosé Mª Díaz Castro

Galego: Texto informativo: "Día das Letras Galegas". Estamos xa na recta final do curso, así é que imos iniciar unha nova experiencia. Desta volta imos excribir este texto informativo directamente con bolígrafo, así é que hai que pensar moi ben cada frase antes de escribila, pois logo non imos poder borrar. E hai quer asegurarse da ortografía das palabras (se se escriben con b, con v, con h ...) antes de escribilas. Recordade que ao texto ha de acompañalo unha ilustración.

Os que ides participar na Homenaxe ao mestre e escrito D. Manuel Núñez Pérez e aos que ides acompañarnos, recordade que nos vemos hoxe ás 9:00h. no Auditorio "A Xuventude"

Coñecemento do Medio. Recordade que o luns han de estar entregados todos os escritos sobre os traballos que fan ou fixeron os vosos pais e avós e tedes que saber se pertecen ao sector primario ou secundario.


Xoves, 15 de maio de 2014. Semana das Letras Galegas: Xosé Mª Díaz Castro

Castelán: Lectura do T. 12: "Carla y el comerciante codicioso". Lédea con moita calma procurando darvos conta de que estades entendendo o que se conta. Preguntade se non entendedes algo e comprobade que sabedes facer todos os exercicios que falan da lectura. Logo practicade a cronolectura lendo polo menos 5 veces  durante un minuto o texto. Mañá teremos o control da cronolectura.

Galego:Aprendede e practicade o himno ata "Fogar de Breogán". Investigade quen era Breogán.
Tamén podedes investigar sobre o autor Xosé Mª Díaz Castro a quen lle preparamos o cartel deste ano en 3º. 


Mércores, 14 de maio de 2014. Semana das Letras Galegas: Xosé Mª Díaz Castro

Matemáticas: Estudade para o exame de mañá. Revisade as anotacións e correccións que tedes na libreta e intentade facer os exercicios do tema para comprobar q2ue o dominades e o sabedes ben. Non esquezades aprender ben as correspondencias entre as unidades de medida e recordade que, de novo vos preguntaremos a hora nos reloxios e o valor das moedas.

Coñecemento do Medio- Galego: Texto informativo: "Mariscando na Ribeira de Fefiñáns". Podedes entregalo o venres

Galego: Ide aprendendo o himno de Galicia.

Martes, 13 de maio de 2014. Semana das Letras Galegas

Matemáticas: Ficha. Estudade para o exame do xoves e fixádevos ben nas unidades de medida e como cambiamos dunha unidade de mediada a outra.

Coñecemento do Medio: Preparade para a saída de mañá unha mochila pequeniña con merenda, auga e a axenda pequena da clase ou unha libretiña de notas pequena. Acordádevos de botar protección solar na cara e de levar unha viseira. Non esquezades as botas os que quedáchedes de levalas. Podedes levalas xa calzadas ou calzalas na praia, como prefirades (neste caso teredes que levar as botas nunha bolsa)

Galego: Texto informativo "Rosalía Morlán e Manoele". Os que escolleron redactar a noticia sobre a escritora e o cantautor que estivo hoxe no colexio, xa poden empezar a redacción. Non terán que entregalo ata o luns da vindeira semana. 

Luns, 12 de maio de 2014. Semana das Letras Galegas

Galego: Resumo da lectura "O xigante egoista". Recordade escribir tres frases para resumir a 1ª parte, tres frases para parte principal e tres frases para o desenlace. Logo ilustrade o conto cun debuxo e coloreádeo.
Tamén podedes ir vendo o vídeo do himno galego e aprendendo a letra xa para tela ben sabida o venres cando saiamos á Calzada.


Himno Galego

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu sono
Fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
Nazón de Breogán.

Coñecemento do Medio: Investigación "A miña familia e os sectores de produción". Trátase de preguntar na casa polo traballo actual ou pasado de cada membro adulto da familia máis achegada e indicar a que sector pertence eses traballo e os productos ou servizos obtido co traballo. Recordade que no libro podedes volver repasar os tres sectores de producción: Sector Primario (agricultura, gandería, pesca, minería e silvicultura), Sector Secundario (artesanía e industria) e Sector Terciario ou de Servizos (servizo sanitario, educativo, cultural, comercial, de transporte, limpeza, seguridade cidadá, comunicación e por ultimo o servizo que prestan os voluntarios e non perciben diñeiro a cambio).

Venres, 9 de maio de 2014

Castelán: Páxina 192, exercicios 3, 4, 5, 6 e 7.


Xoves, 8 de maio de 2014

Coñecemento do Medio: Estudiade para o exame de mañá. Como xa falamos na clase, recordade que, ademais do que aprendechedes co libro: as principales cidades e vilas galegas, a diferenza entre barrios antigos e modernos, entre persoal docente e non docente, entre elementos visibles e non visibles das cidades ..., tamén vos farei preguntas relacionadas co que aprendíchedes sobre Cambados nos vosos traballos de investigación e na saída ao concello: os monumentos máis importantes de Cambados, os servizos municipais cos que conta o Concello, os productos agrícolas e marítimos principais, as parroquias, o nome dos barrios ...

Mércores, 7 de maio de 2014

Coñecemento do Medio: Páxina 126, exercicios 1, 2, 3 e 4

Castelán: Estudiade o tema 11 para o exame de mañá. Acordádevos de repasar os demostrativos, as palabras colectivas, os xogos de palabras e as palabras con br e bl.

Martes, 6 de maio de 2014

Matemáticas: Páxina 154, exercicios 1, 2 e 3

Galego: Estudiade para o exame de mañá. Recordade: palabras que en galego se escriben con v, os verbos, o infinitivo, as conxugacións, os pareados, os aumentativos e diminutivos, o vocabulario sobre a primavera ....

Coñecemento do Medio:  Texto informativo: "A visita ao Concello". Procurade recoller os aspectos máis importantes dos que nos falou o noso alcalde.
Noraboa aos que presentaron xa hoxe os textos sobre Cambados. Moi boa a selección da información importante e a estructura do texto. Para os que ides presentarlos mañá podedes incluír toda a información que nos ofreceu hoxe o noso alcalde D. Luis Aragunde. Falounos de datos moi interesantes que non estudiaramos aínda na clase. Procurade recordalos. 


Luns, 5 de maio de 2014

Galego: Páxinas 154 e 155, exercicios2, 3, 4, 5  e 6. Aprendede todas as palabras que aparecen nesta páxina e que se escriben con V. Fixádevos especialmente naquelas que son diferentes ás da lingua castelá como escaravello, acivro, trevo, varrer ...
Texto informativo: A festa do Maio no colexio. (O texto e un pequeno debuxo han de ocupar unha páxina da libreta.
Estudiade o tema para o exame de galego que teremos o mércores, día 7.

Coñecemento do Medio: Mañá temos concertada unha visita ao edificio do Concello de Cambados e teremos unha entrevista co seu alcalde, D. Luis Aragunde. Xa aprendemos moitas cousas sobre o Concello, pero mañá saberemos moitas máis. Unha comisión de expertos, logo do traballo nos equipos,  elaborou as preguntas que mañá lle formularán ao seu alcalde. Están todos moi ilusionados.

O vindeiro día 14 sairemos coas mariscadoras de Cambados ata a praia para ver como é o seu traballo. Tamén aprenderemos como é o oficio das redeiras, visitaremos o porto e a lonxa. Para realizar esta saída precisamos que traian botas de goma. Aqueles que non as teñan deben indicarme cal é o seu número de pé para que as mariscadoras lles presten unhas botas axeitadas.
Estudiade o tema para o exame do venres.


Mércores, 30 de abril de 2014. Festa dos maios.

Galego: Páxinas 150 e 151, exercicios 2, 3, 4, 5 e 6. Aprendede ben as palabras do vocabulario (gromo, nespereira ...). Repasade tamén a formación de aumentativos e diminutivos.

Coñecemento do Medio: Texto informativo: Cambados. Escribide unha páxina completa da libreta, como mínimo no que expliquedes todas as cousas que sabedes sobre a Vila de Cambados. A información debe presentarse ben organizada. Cada tema terá un mínimo de tres frases que se agrupan nun parágrafo. Recordade quen na libreta de Coñecemento escribimos renglón si, renglón non. Cando separamos os parágrafos deixamos dous renglónsdespois do punto e aparte.

Martes, 29 de abril de 2014

Castelán: Páxina 156, exercicios 2, 3 e 4
               Páxina 159, exercicios do 1 ao 9 ( Non teñen que traelos ata o martes da vindeira semana). Faremos o exame o tema o xoves.

Matemáticas: Páxina 151, exercicios 5 e 6. (Tendes que traelos mañá).

Coñecemento do Medio: Traede panpullos (margaritas amarelas, carabeles) e fiuncho para adornar o maio mañá e facer colares e pulseiras. 

Luns, 28 de abril de 2014

Galego: Páxinas 152-153: exercicios 1, 2, 3 e 4

Coñecemento do Medio: Investigando sobre a nosa Vila:  Cambados. Preguntade na casa a vosos pais, a vosos avós, cómo se chaman os barrios de Cambados, os seus museos e monumentos máis importantes, a data de construción do pazo de Fefiñáns ... e todas aquelas cuestións que foron xurdindo na aula. Veredes que eles son verdadeiros expertos no tema.


Venres, 25 de abril de 2014

Castelán: Páxina 154, exercicios 3, 4, 5, 6 e 7

English: Activity book. Pages 44 & 45, exercises 13, 14, 15, 16 & 17.


Xoves, 24 de abril de 2014

Castelán:Páxina 151, exercicios 9 e 10.  
Pon de título "Palabras colectivas" en cor vermello e logo copia o recadro amarelo da páxina 151. Aprende o que son as palabras colectivas.  
Na libreta escribe un pequeno texto titulado "Sueños" na que contes cal é o teu soño. 


Mércores, 23 de abril´de 2014. Día do Libro

Galego: Redacción: "O Bicho" ou "Contacontos". Cada neno escolle o que quere relatar, ou ben pode contar a obra de teatro que vimos a semana pasada no IES Asorey grazas á compañía Caracol, ou ben o Contacontos que vimos hoxe, Inacio Vilariño, e que no camiño de contarnos "Contos do Demo" contounos varias historias de burros e onagros moi divertidas e interesantes.

Coñecemento do Medio: Iniciamos a andaina neste trimestres estudanto a sociedade que nos rodea: familia, colexio, concello, barrios, aldeas, vilas, pobos e cidades; os servizos que nos ofrecen ... Hoxe toda lectura completa do tema para ter unha primeira idea do que sabemos e do que imos aprender estes días.

Matemáticas: Hoxe na aula fixemos medicións con regra de diversos obxectos. Poden medir na cada os obxectos cotiáns botando man das cintas métricas, de regras e dos aparellos de medición de superficie que poidan ter na casa.


Martes, 22 de abril de 2014

Castellano: "Vacaciones" Cuenta en tu libreta que has hecho en estos días de vacaciones. Tienes que ocupar una página completa e ilustrar el escrito con un dibujo. Recuerda que para escribir primero organizas tus ideas. Luego piensas como empiezas el escrito, tu primera idea, la dices en voz alta , la escribes y la revisas. La lees y piensas en la segunda oraciaón, la dices en voz alta, la escribes, la revisas. Lees lo escrito desde el inicio y piensas la 3º oración... Así hasta el final. Recuerda que has de expresar como te has sentido, con quien has estado ... Hazlo de forma correcta y bien organizada y no lo entregues sin habertelo leído completo.

Venres, 11 de abril de 2014

Vacacións: Traballachedes todos moito neste trimestre e especialmente nestas últimas semanas. E digo todos porque os que xa sabiades ben as táboas quedáchedes todos os recreos acompañando aos que aínda non as sabían ata que todos conseguíchedes o pasaporte e todos domináchedes a división. Non me queda máis que felicitarvos a todos. Melloráchedes moito na cronolectura e xa toda a clase supera as 100 ppm. Tamén se nota o estudio e o que vos apoiades cando vos preguntades uns aos outros ... Así é que agora toca descansar. Pasade uns moi bos días disfrutando do sol e do bo tempo, do que andivemos tan escasos nestes meses.

Para non esquecer todo o traballado so tedes que realizar tres tarefas diarias: Ler 20 minutos cada día, como no Plan Lector, disfrutando do que ledes. Repasar todos os días a táboa. Pedídelle a mamá, papá, avoa ... que vos fagan o ditado rápido de táboas como facemos na clase. Á volta comprobaremos quen ten dominado o ditado rápido ...Ollo! E por último inventade e resolvede unha división ben longa cada día e facédelle a proba para comprobar se vai todo ben. Xa sabedes, so un erro obriga a repetir o proceso e empezar de novo.

Felices vacacións e ata o martes 22 de abril.

Xoves, 10 de aril de 2014

Castellano. Repaso acumulativo. Página 145, ejercicios 2, 3, 4, 5, 6, 7 y 8. Estudiad para el examen de mañana los posesivos, las palñabras terminadas en -ay, -ey, -oy, -uy, las palabras derivadas que terminan en -oso, -osa, los diálogos en los cuentos ...


Mércores, 9 de abril de 2014

Matemáticas: Páxina 136, exercicios 1, 2 e 3. Mañá recollo as libretas de matemáticas.
Noraboa a todos os que conseguíchedes hoxe o pasaporte de táboas e recuperáchedes a nota que tiñades pendente. O venres faremos un dictado rápido de táboas e división para os que estades pendentes de subir nota.

Coñecemento do Medio: Estudade para o exame. Xa sabedes que vos vou preguntar que son os mapas, os planos, as lendas, as provincias de Galicia, os tipos de mapas, os seis continentes e os cinco océanos (tedes que saber onde están no mapa), que é o ecuador e os polos ... Pero tendes que sabelo ben. Non valen definicións a medias. A linguaxe científica é moi precisa e nós somos pequenos científicos.
Hoxe rematamos a plantación de primavera. Agora queda agardar que as sementes sintan a caloriña do sol e a friaxe da auga e queiran medrar. Queda pouco xa para as vacacións. Ánimo!!!


Martes, 8 de abril de 2014

Matemáticas: Páxina 134, exercicios 1, 2 e 3. Estudiabe a definición de lado, vértice e ángulo dun polígono e os tipos de polígonos segundo o número de lados. Mañá preguntareivolo. Noraboa aos que hoxe xa conseguiron o seu pasaporte de táboas. Estádelo conseguindo; ánimo.

Castelán: Páxinas 138 e 139, exercicios, 3, 5, 6, 7 e 8. Aprendedevos ben a regla ortográfica traballada na aula.

Luns, 7 de abril de 2014

Coñecemento do Medio: Ficha e estudio para o control do Tema 10

Matemáticas: Levan o control de divisións para traer asinado. Quedán poucos días xa para determinar se todos ides conseguir eses ansiados pasaportes das táboas. Hoxe xa todos fixéchedes moi ben as divisións, pero seguiremos practicando aínda toda a semana.


Venres, 4 de abril de 2014

Castellano: Página 137, ejercicios 6 y 7.
                 Escribe un cuento. Recuerda que has de presentar al protagonista y describirlo. En la parte central has de incluír un diálogo utilizando correctamente los guiones cuando habla cada personaje. Termina ilustrando cada parte del cuento y, por supuesto, piensa en un título atrayente para que todos queramos leer el tuyo. Recordad que tenéis que entregarlo el martes.

Coñecemento do Medio: O luns realizaremos a nova plantación. Desta volta de flores. Ser queredes traer algunha semente que vos guste especialmente acordádevos de traela o luns.

Matemáticas: Aqueles que tendes aínda moi pouco dominio da mecánica da división ou das táboas, non esquezades practicar ao máximo no fin de semana, pois o martes repetiredes a proba.


Xoves, 3 de abril de 2014

Castelán: Rematar os exercicios de comprensión lectora do tema 10.

Mércores, 2 de abril de 2014: Día Internacional do Autismo

Matemáticas: Estudiade para o exame de matemáticas de mañá.

Coñecemento do Medio: Rematade os exercicios sobre os mapas.

Martes, 1 de abril de 2014

Matemáticas: Páxina 131, exercicios 9, 10 e 11. Recordade que é obrigatorio poñer os datos a operación e a solución cunha frase completa. É recomendable facer un debuxo esquemárico
                         Páxina 128, exercicio 5. Aínda que sempre é obrigatorio facer as probas nas divisións neste exercicio non tendes que facelas.

Estudiade para o exame de xoves de matemáticas. Repasade ben as táboas e non esquezades a diferenza entre división enteira e exacta. Acordádevos como calculamos a mitade, un tercio, un cuarto ... 

Galego: Estudiade para o exame de mañá: r forte e r suave, uso de guión nos diálogos, os poemas, versos, estrofas, os pronomes persoais, os antónimos que se formas cos prefixos in- e des-, ... 


Luns, 31 de marzo de 2014

Galego: Páxina 133, exercicios 5, 6 e 7

Castelán: Estudiad para el examen de castellano de mañana: artículos determinados e indeterminados, los aumentativos, la separación de palabras al final de renglón, la retahíla ...


Venres, 28 de marzo de 2014

Castelán: Páxina 128, exercicios 1 e 2.

Estudade para os exames da vindeira semana


Xoves, 27 de marzo de 2014

Matemáticas: Páxina 131, exercicios de repaso: 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.

Mércores, 26 de marzo de 2014

Galego: Páxinas 135 e 136, exercicios 1, 2, 3, 4 e 5

Matemáticas: Ficha

Coñecemento do Medio: Lede o tema completo de mapas e planos. O venres traede anotadas as dúbidas e o que non entandades do tema.

Martes, 25 de marzo de 2014

Tarefa interdisciplinar: Descrición de paisaxes
Os que aínda non presentáchedes a descrición de paisaxe, traede preparado un texto que describa a paisaxe que escolleu cada un de vós. Escribide o texto nun papel vello a xeito de borrador, para ila mellorando nas revisións progresivas ata ter un bo acabado. Cando vos pareza un texto correcto presentádesmo para pasar a limpo no formato definitivo. Recordade que nunha descrición de paisaxes han de aparecer termos que indiquen lugar: arriba, á esquerda, no fondo. Tamén han de aparecer adxectivos:  bonito, grande, amarelo, vello .... e mesmo comparacións. Debedes rematala con algunha expresión persoal relacionada co que vos gusta ou co que vos suxire a paisaxe escollida. Acordádevos de incluír o vocabulario específico que aprendemos na área de coñecemento do medio: montaña, serra, cume, aba, meseta, ría, cabo .... Non esquezades tampouco indicar, xa no comezo se se trata dunha paisaxe de costa, de interior, chaira, montañosa, natural ou humanizada ... Facede mención á presenza da auga, dos seres vivos, dos elementos humanos, do relevo.

Matemáticas: Mañá faremos un novo control rápido de táboas. Recordade que baixaredes moito a nota aqueles que aínda non a tendes dominada. Estudiade ben as que non dominades. Ánimo, que a algúns xa vos falta pouco e noraboa aos que xa o conseguíchedes. Pero non esquezades repasar todos os días.  


Luns, 24 de marzo de 2014

Galego: Páxinas 134 e 135, exercicios 3 e 5. Copiade o recadro dos pronomes persoais e estudade os pronomes persoais que aparecen nel. Preparade a cronolectura de "Bichos e bichiños" para o mércores.

Matemáticas: Repasade as táboas de dividir. Mañá exame de táboas.

Coñecemento do Medio: Tendes que traer unha imaxe ou unha fotografía cunha paisaxe, os que aínda non a trouxéchedes para facer logo a descripción correspondente.

Venres, 21 de marzo de 2014. Primavera

Galego: Escribimos un poema de 8 versos. Recordade que han de rimar. Podedes poñerlle "retahila" se queredes. Tamén podedes organizado en dúas estrofas de catro versos cada estrofa, como vimos na clase.

Castellano: Inventade unha retahila, os que non a rematáchedes na clase. Recordade que a retahila é un poema e polo tanto os versos riman.

English: Activity book. Pages 33, 35, 36, 37 and 38

Coñecemento do Medio: Coloreade a ficha co mapa conceptual do tema que fixemos na clase. Estudiadeo ben para repetir o exame o luns.



Xoves, 20 de marzo de 2014

Matemáticas: Páxina 127, exercicio 3. (Non tendes que entregalo ata o martes da vindeira semana)

Galego: Páxina 123, exercicios 1, 2, 4 e 5. (Teñen que estar rematados o luns)

Coñecemento do Medio: Estudar a definición de cada unha das palabras marcadas en roxo no texto e especialmente a definición de paisaxe e de relevo. O luns repetiremos o exame para aqueles que non acadaron unha calificación suficiente ou para os que queiran mellorar a nota. Levan os exames para fixarse nos errores cometidos, nas imprecisións no uso da linguaxe, ... para mellorar. Teñen que vir asinados. 

 Mércores, 19 de marzo de 2014

Matemáticas: Ficha.

Coñecemento do Medio: Estudiar o tema das paisaxes. Nesta unidade é importante aprender a definir con precisión os termos que se manexan: paisaxe, relevo, meseta, chaira, serra, cordilleira... Tendes que memorizar, ter en conta reglas nemotécnicas para que non esquecer palabras clave, adicarlle tempo, as repeticións suficientes... Volvede ver:  Aprendendo a estudiar. Noraboa aos que xa puxeron en práctica estas técnicas e xa obtiveron excelentes resultados. Cada vez temos que ser máis.


Martes, 18 de marzo de 2014

Matemáticas: Páxina 123, exercicio 5. Recordade que hai que escribir sempre os datos, facer o debuxo correspondente, indicar a operación (e facer a proba se hai que dividir) e escribir a solución cunha frase completa.

Coñecemento doMedio: Estudio do tema "Paisaxes" para o exame de mañá (ata as paisaxes de costa). 

Luns, 17 de marzo de 2014

Galego: Redacción "A visita á Pastora"

Coñecemento do Medio: Ficha de repaso para preparar o exame do mércores sobre as paisaxes, os elementos que os forman, os tipos de paisaxe e os elementos do relevo nas paisaxes de costa e de interior coidando especialmente as definicións e as diferenzas entre termos similares: serra, cordilleira, montaña, macizo; golfo, bahía, enseada e cala; illa, illote, península; chaira e meseta.....

English: An English worksheet.

Matemáticas: Repaso das táboas, control rápido e pasaporte.


Venres, 14 de marzo de 2014

Matemáticas: Páxina 116, exercicios 1, 2, 3 e 4. Lede primeiro con moita atención as indicacións que vos sinalan na páxina sobre como resolver os problemas.

Castelán: Páxina 131, exercicios 2 e 3. Estudar o recadro amarelo da páxina 123 que trata sobre os aumentativos.

Xoves, 13 de marzo de 2014

Castelán: Resumo da lenda "El oro de las montañas". Estructurade o resumo de xeito que a primeira parte non conte con máis de tres frases, outras tres na segunda parte e o desenlace tamén de unha a tres frases, máximo.

Matemáticas: Os compoñentes dos equipos Sol, Nenos e nenas e Españois rematan o problema que inventaron na aula.

Coñecemento do Medio: Preparámonos para a saída de mañá ao monte da Pastora: Debemos dominar as formas do relevo, especialmento dorelevo da costa (golfo, cabo, bahía, cala, preaia, acantilado, illa, península) así como o do relevo de interior (cume, aba, pe, montaña, serra, macizo, río, lago, meseta, chaira...). Buscaremos os catro elementos que compoñen a paisaxe (formas do relevo, presenza de auga, seres vivos, elementos humanos), e repasaremos os tipos de paisaxe.

Para a saída de mañá recomendámosvos que traiades unha visera e unha mochila pequeniña ou unha bolsiña con auga e merenda para o camiño. Tamén levaremos unha axenda ou libretiña pequena para tomar nota dos aspectos de interese que vaiamos atopando.

Mércores, 12 de marzo de 2014

Galego: Ficha de repaso para preparar o exame de mañá: demostrativos, posessivos, palabras con bu-, bus- e bur-, palabras que se escriben con b, vocabulario relacionado coa casa, o desenlace nos contos.

Coñecemento do Medio: Fotografía ou recorte de prensa cunha paisaxe, de costa ou de interior, natural ou humanizada no que se aprecien os 4 elementos que constitúen as paisaxes: relevo, auga, seres vivos e elementos humanos (agás en paisaxes naturais).

Matemáticas: Repaso das táboas. Noraboa para os que conséguíchedes xa o pasaporte.

Martes, 11 de marzo de 2014

Matemáticas: Páxina 128, exercicios 3 e 4. No 4 non tendes que copiar o enunciado.
Recordade que para aprobar as matemáticas neste trimestre tendes que dominar as táboas de multiplicar e conseguir o "pasaporte".

Castelán: Preparade a cronolectura da lenda que lemos na clase para o venres.

Galego: Recordade que tendes que estudiar ben os posesivos e os demostrativos para o exame do xoves.


Luns 10 de marzo de 2014

Galego: Fai un debuxo diferente para cada unha das frases do ditado.

Coñecemento do Medio: Páxina 94, exercicios 1, 2 e 3.


Venres. 7 de marzo de 2014

Castellano: ONCE razones, 11 motivos para celebrar el Día de la Ilusión. En la parte de atrás del folio dibujan un cartel en el que se nos invita a celebrar el Día de la Ilusión. Propuesta para participar en el concurso de la fundación ONCE. Podeis darle un vistazo a la página: www.concursoescolaronce.es



Xoves, 6 de marzo de 2014

Matemáticas: Páxina 110, exercico 1. Estudiade para o exame de mañá: divisións, términos da división (dividendo, divisor, cociente e resto), división exacta (restao igual a cero) e división enteira (resto distinto de cero), como calcular a mitade, un tercio e un cuarto de un número...E sobre todo teremos o control das táboas de dividir.

Castellano: Estudiad para el examen de mañana. Recordad el número de los sustantivos, los diminutivos, el uso de la coma y como se escriben las noticias. Repasad tambien el vocabulario que hemos trabajado en la lectura "tres hombres vagos"



Venres, 28 de febreiro de 2014. Festa do Entroido

Galego: Niticia: O entroido no colexio.

Matemáticas: Repaso das divisións.



Xoves, 27 de febreiro de 2014

Matemáticas: Páxina 125, exercicio 2.
                         Ficha de repaso da táboa de multiplicar e de dividir.

Galego: Receita de entroido: orellas, filloas.
            Mañá, festa do entroido, poden traer a clase orellas e filloas para compartir cos compañeiros, sobre todo, se eles mesmos participaron na elaboración.

Castelán: Exposición oral, un minuto. Tema: Noticias sobre o temporal ou o tempo atmosférico.

Nota: Para o disfraz de entroido recomendámoslle que veñan co pantalón e xersei da mesma cor, na medida do posible.

Mércores, 26 de febreiro de 2014

Galego: Páxina 116, exercicios 1, 3, 4, 5, 6 e 7.

Matemáticas: Páxina 120, exercicio 5. Repaso das táboas de multiplicar.

Martes, 25 de febreiro de 2014

Matemáticas: Páxina 120, exercicio 2. Repaso das táboas.

Galego: Preparade a cronolectura do tema 7: "A billa de D. Ramón". 

Luns, 24 de febreiro de 2014, Día de Rosalía de Castro

Galego: Completar as táboas de Posesivos e Demostrativos. Páxinas 118 e 119, exercicios 1 e 4.

Coñecemento do Medio: Lectura do tema 8 completa: As paisaxes. O mércores faremos o mapa conceptual do tema.

Matemáticas: Repaso das táboas de multiplicar.

Venres, 21 de febreiro de 2014

Castellano: Página 117, ejercicios 3, 4, 5 y 6.
                   Noticia. Tienes que escribir una noticia que trate sobre el temporal ( viento, lluvias, destrozos, inundaciones, rayos ...). Recuerda que debes poner el encabezado en mayúscula, tú nombre como periodista y el lugar desde el que escribes, una imagen sobre la noticia y por supuesto ha de cumplir la regla de las seis w (wwwwww, en inglés sería when, where, what,who, why, how) o  la regla CCCDQQQ (Cuando Como Cuanto Donde Que Quién Por Qué)Has de escribir frases cortas y sencillas. Al leer la noticia deberás obtener las respuestas a todas las preguntas anteriores. Pídele a tus padres un periódico y compuébalo con ellos.

Galego: Ficha.

Coñecemento do Medio: Traede algunha imaxe ou algunha fotografía (pode ser nalgún medio dixital) sobre algunha paisaxe bonita na que estiverades. Pode ser unha paisaxe de costa ou de interior, natural ou humanizada, de chaira, val ou montaña.


Xoves, 20 de febreiro de 2014

Castelán: Páxina 111, exercicios 5 e 7.

Galego: Páxina 115, exercicios 7, 8  e 9.
               Canción do Entroido.

Matemáticas: Prácticas coas táboas.


Mércores, 19 de febreiro de 2014

Galego: Páxina 120, exercicios 1, 2, 3 e 4.
              Estudiar a canción de Entroido, música "Los esqueletos de Halloween".


Música da canción






Matemáticas: Ficha de táboas de divisións. Anotade as que facedes en intervalos de 2 minutos.

Coñecemento do Medio: Mapa conceptual do tema 7: O aire e a auga no Planeta Terra. Recordade que tendes que falar dos usos da auga, da potabilización, o tratamento das augas residuais, o que debemos facer para non contaminar a auga e o aire e finalmente das augas de Galicia (Río Miño, encoros ...). Coloreade os debuxos e distribuíde ben o espazo. Recordade: Partimos do SOL central e lemos os raios no sentido das agullas do reloxo.


Martes, 18 de febreiro de 2014

Matemáticas: Ficha de táboas da división. Anotar o número de divisións realizadas correctamente en 2 minutos. Completar a ficha anotando resultados correctos cada dous minutos.

Castelán: Resume do conto inventándolle un final diferente ao do libro. Recordade que se precisan un mínimo de tres frases para resumir a primeira parte (introducción) tres frases para a segunda parte  e outras tres frases na parte final que tendes que inventar.
                Preparade a cronolectura para o venres. 

Galego: Estudiade o poema de Rosalía de Castro os que quirades participar no Casting para a representación do luns, dá 24, no Día de Rosalía de Castro.




Luns, 17 de febreiro de 2014

Galego: Subliñar as contraccións que aparecen no dictado, copialas e analizalas (do xeito seguinte: dun: contracción de de + un)

Matemáticas: Estudiade as táboas de dividir.

Coñecemento do Medio: Preparade a exposición oral do tema para o mércores.

Venres, 14 de febreiro de 2014. Día dos namorados

Matemáticas: Estudiar as táboas.

Xoves, 13 de febreiro de 2014

Castellano: Cartel. "Como ahorrar agua", "Que podemos hacer para no contaminar el agua" Que podemos hacer para no contaminar el aire". Recordad: Letra muy bonita en líneas rectas. Dibujos claros y bien coloreados.
                  Canción: Ya hemos estudiado en este tema las "nanas" y en los temas anteriores los villancicos, las canciones de juego y las canciones populares. Ahora vamos a recoger las nanas, canciones de juego, canciones populares y villancicos que se cantan en vuestra casa. Procurad hacer la letra muy bonita. Así construiremos un cancionero muy interesante para la clase.
                 Estudiade o Tema 7 para o exame de mañá.


Matemáticas: Estudiade ben as táboas.

Coñecemento do Medio: Estudiade o Tema do aire e a auga no planeta Terra para o exame de mañá.

Mércores, 12 de febreiro de 2014

Galego: Carta a un amigo, a unha amiga. Recordade as características que xa trballamos na clase (lugar e data na parte superior dereita , saúdo, uso de dous puntos, corpo da carta, despedida e sinatura).
               Estudiade para o exame de mañá.

Castelán: Análise dos sustantivos que aparecen nas dúas primeiras frases da lectura "Ranas buscan charca" (rana: sustantivo común , género femenino, número singular ...)
                Estudiade o tema para o exame do venres.

Coñecemento do Medio: Rematade as preguntas iniciadas na aula: Cales son os fenómenos atmosféricos (indicando entre paréntese os tipòs de precipitacións), Cales son os estados da auga, Escribe as catro etapas do ciclo da auga.
                    Estudiade nas páxinas 10 e 11 do atlas (moitos téndelo na casa dende o Nadal), a contaminación do aire e da auga e sobre todo as medidas que podemos tomar para non contaminar o aire e tampouco a auga.

Matemáticas: Estudiade ben as táboas. Mañá non irán a informática aqueles que non teñan perfecto o ditado rápido de todas as táboas.

Martes, 11 de febreiro de 2014

Galego: Estudar para o exame do xoves, especialmente a parte de gramática: as contraccións, os ortigos e os indefinidos.
              Traer unha carta da casa, incluído o sobre (pode ser de tipo persoal, comercial ...) para logo observar na clase as características e tipoloxía textual propia das cartas.


Luns, 10 de febreiro de 2014

Galego: Páxinas 102 e 103, exercicios 1, 4, 6 e 8

Matemáticas: Repaso para o exame de mañá: reloxos, moedas, multiplicacións, estimación de productos ...


Venres, 7 de febreiro de 2014

Castelán: Páxina 105, exercicios 4, 5, 6, 7 e 8. Exame o venres.

Matemáticas: Ficha

Coñecemento do Medio: Estudiar: As augas de Galicia. Exame o venres.

Xoves, 6 de febreiro de 2014

Galego: Rematade as frases coas palabras nunha, nalgunha, dunha, dalgunha e cunha.
              Inventade un conto.

Matemáticas: Repaso de todas as táboas. O martes teremos exame. 
 

Mércores. 5 de febreiro de 2014

Galego: Páxinas 104 e 105, exercicios 3 e 4

Matemáticas: Estudiar as táboas do 8 e do 9. Cando as saibades ben podedes comprobar que as tendes dominadas cos xogos de man que víchedes na aula e que tamén podedes ver no blogue de 3ºA.

Coñecemento do Medio: Debuxo do gráfico da potabilización e depuración das augas.

Martes, 4 de febreiro de 2014

Matemáticas: Páxina 101, exercicio12. Páxina 103, exercicio 9

Luns, 3 de febreiro de 2014

Galego: Escribe un poema para o Entroido.
Recorda que se escribe con versos curtos e debes ter en conta a rima (repetición de vogais ou consoantes a partir da sílaba tónica da última palabra do verso; exemplo: entroido, coido, coiro, loiro ...; festa, cesta, nesta, besta, resta ...; camiñaba, saltaba, estaba, marchaba ...).
Recorda tamén que nas coplas de entroido aproveitamos para denunciar as cousas que non van ben e que hai que mellorar na clase, no cole, no pobo, en Galici, España, no mundo ... Tamén se pode contar o que nos gusta moito na clase, no cole ...

Coñecemento do Medio: Debuxa o Ciclo da auga, poñendo en cada parte os nomes que correspondan.
Maleta: Cada neno ha de traer tres obxectos persoais que teñan  relación coa auga, as precipitacións, fenómenos atmosféricos, co aire, co aforro de auga ou os usos desta ... Espoñeranos na clase. Cada día tocaralle expoñer a un equipo. O mércores iniciaremos a elaboración dos traballos de grupo sobre o tema co que han de ter na aula os materiais necesarios para a súa elaboración. Poden traer materiais xa elaborados da casa, que logo aportarán ao grupo.

Venres, 31 de xaneiro de 2014

Castellano: Resumo "Ranas buscan charca". Recordade so tres frases resumen a primeira parte, que rematades cun punto e aparte. Outras tres frases resumen a segunda parte, que  de novo rematades en punto e aparte. Con outras tres frases rematades a parte final.

Coñecemento do Medio: Completade o esquema do tema seguindo os puntos do texto tal e como iniciachedes na aula. Lede o tema completo. 

English; Activity Book: Page 30, exercises 13, 14, 15. Page 31

Xoves, 30 de xaneiro de 2014. Día da Paz

Matemáticas: Páxina 103, exercicios 3, 4, 5, 6, 7 e 8. Táboa do 8, do revés.

Coñecemento do Medio: Seguiremos mirando as vosas datas importantes nos calendarios. Xa podedes ir traendo ou preparandoos materiais para o tema "Aire e Auga".

Mércores, 29 de xaneiro de 2014

Galego: Páxinas 100-101, exercicios 2,  3 e 4.

Matemáticas: Páxina 100, exercicio 5. Escribir na libreta a táboa do 8  e estudala ( de arriba abaixo, de abaixo arriba e aleatoriamente). Mañá control rápido de táboas ata o 8.

Coñecemento do Medio: Traede un calendario de 2014 marcando no mesmo 4 datas importantes para vós.
Podedes empezar a preparar o traballo sobre o tema do "Aire e a auga" nos diferentes equipos.


Martes, 28 de xaneiro de 2014

English; Activity Book. Pages, 28, 27, 28 (exercises 7,9) e 29 (exercises 10, 12)

Matemáticas: Ficha


Luns, 27 de xaneiro de 2014

Matemáticas:Mañá faremos un pequeno control das táboas, as multiplicacións e a resolución de problemas. Espero que xa teñades dominadas as táboas ata o sete pois esta semana toca saberse ben a do oito e a do 9. A profe  Laura púxovos no bloque de 3º A, algún truco para comprobar que vos sabedes ben as tádoas do 6, o 7, o 8 e o 9 utilizando so os dedos da man e o cálculo mental rápido. Para os máis atrevidos, ide practicando.

Coñecemento do Medio: Hoxe so lle deu tempo a facer a exposición oral do tema a media clase co que mañá, farán os demais a exposición oral. Tamén completarán a exposición os grupos Sol, Mares e Dragóns.


Venres, 24 de xaneiro de 2014

Galego: Estudiar as palabras derivadas, o xénero o o número dos nomes, as palabras con -mb, -mb, o uso da coma, a escrita dun conto ... Temos exame o luns.

Coñecemento do Medio: Os equipos Sol, Mares e Dragóns terán que expoñer o seu traballo sobre  o Planeta Terra. Todos estudiarán o Sistema Solar, as capas da Terra, os movementos de rotación e traslación, as fases da lúa, a duración dos movementos da Terra e da lúa, como nos orientamos ... O luns será o exame do tema.


Xoves, 23 de xaneiro de 2014

Galego: Conto: "Un homiño de papel". Recordade que en todo conto teñen que aparecer os personaxes nun tempo e nun espacio concreto. A eses personaxes vanlle ocurrindo aventuras, vanlle xurdindo problemas que teñen que solucionar. Na última parte do conto, consiguen o seu obxectivo e solucionan o problema. As viñetas teñen que ter os debuxos coloreados.

Matemáticas: Páxina 101, exercicio 11. So tendes que facer o primeiro problema pero recordade que nos datos tedes que debuxar o que vos di o problema.

Castellano: Entrevista.

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

Matemáticas: Ficha de repaso

Castellano: Estudiar para o exame do venres o sustantivo, palabras derivadas, o sonido j ...

Coñecemento do Medio: Estudiar e preparar o tema "O Planeta Terra " para a exposición oral do traballo de grupos do venres. Traede os materiais que precisedes para rematar o traballo que tendes iniciado.

Martes, 21 de xaneiro de 2014

Castellano: Página 91, ejercicios 3, 4,  5, 6 y 7. Repaso del Tema 6: Palabras derivadas, sustantivo, nombres comunes y propios, palabras con g y j ...

English: Description os invented dinosaurs.


Luns, 20 de xaneiro de 2014

Galego; Páxina 87, exercicios 5, 6 e 7

Coñecemento do Medio: Páxina 68, exercicios 1, 2 3 e 4.
                                          Acordádevos de traer o material que vaiades necesitar para facer o traballo.

Venres, 17 de xaneiro de 2014

Castellano: Página 87, ejercicios 5, 6 y 7

Coñecemento do Medio: Página 67, ejercicios 1 y 2.


Xoves, 16 de xaneiro de 2014

Castellano: Gramática "El sustantivo" ejercicios 5, 6 y 7.

Matematicas: Ficha de repaso de relojes.

Galego: Terminar el ejercicio 2 y 3.

Mércores, 15 de xaneiro de 2014

Galego: Páxina 88, exercicios 2, 3 e 4

Matemáticas: Rematar o problema.

Coñecemento do Medio: Lemos o tema "O planeta Terra" para completar os datos que precisamos para completar o traballo.

Martes, 14 de xaneiro de 2014

Matemáticas: Páxina 83, exercicio 6.
Estudiar a táboa do 7.

Castelán: Práctica de cronolectura co tema 6: "La perla maravillosa". Farémola o venres.

Luns, 13 de xaneiro de 2014

Galego: Páxina 83, exercicio 6. Preparade a cronolectura para mércores do tema 5: Por que algúns animais hibernan?

Coñecemento do Medio: Lectura completa do tema: O planeta Terra, para completar o índice na clase e distriubuir o traballo en grupos.

Venres, 10 de xaneiro de 2014

Castelán: Página 82, ejercicios 1, 2, 3 y 4. Recordad que tenemos pendiente la representación de la obra que habeis preparado sobre la lectura. Podeis aprovechar para leerla varias veces, imaginaos la forma de hablar de los personajes, como se mueven y, por supuesto, lo que dicen en cada momento.

Xoves, 9 de xaneiro de 2014

Galego: Completar ficha.

Matemáticas: Ficha de rectas e ángulos. Recordade falar cos vosos pais e amigos das paralelas e perpendiculares que vos rodean. Faládelle dos ángulos agudo, rectos e obtusos que tedes na casa, dos que atopades polo camiño ... As matemáticas, os números, as rectas e os ángulos están en todo o que vos rodea. Descubrídeo

Xoves, 19 de decembro de 2013

DÍA SEN DEBERES

Pero non vos esquezades de disfrutar da lectura, dese conto tan bonito que ledes cada noite antes de dormir. Bicos a todos/as.


Mércores, 18 de decembro de 2013

Castelán: Ficha de comprensión de instrucións escritas. Poden coloreala libremente se lles apetece.
Practicar a cronolectura do tema 5 de castelán.

Matemáticas: Levan o exame de matemáticas e debe vir asinado. Nótase en xeral a mellora no manexo do reloxio pero hai que seguir reforzando o nome das horas cando van alá máis dos 30 minutos.

Coñecemento do Medio: Á volta do Nadal veremos o tema que fala do espazo, os planetas, a terra e a lúa. Poden ir pensando en cada equipo que traballo queren presentar para os seus compañeiros.

Música- Inglés: Teñen que saber ben a canción de inglés para o ensaio de mañá.


Martes, 17 de decembro de 2013

Linguas: Practicar a cronolectura en lingua castelá coa preparación do Tema 5. En lingua galega co poema de Reis do tema 4. Valerá calquera outro texto.

Matemáticas. É imprescindible continuar coa práctica do reloxio e a conta e reconto de moedas, billetes e cantidades.

Venres, 13 de decembro de 2013

English: Activity Book, page 24 and 25

Matemáticas: Repaso de sumas, restas, táboas ata o 5, estimacións, reloxio e moedas.

Linguas: Practica da cronolectura en galego e tamén en castelán.



Xoves, 12 de decembro de 2013

Matemáticas: Páxina 75, exercicio 7. Nas restas hai que indicar o nome dos téminos e facerlle a proba.

Coñecemento do Medio: Estudar o tema 4 para o exame de mañá. Poden usar como guía par o estudo as preguntas que se prepararon na clase para a autoavaliación.

Castelán: Levan o exame de castelán e o test. Ten que vir asinado. Como vimos hoxe na clase, é importante aprender dos erros: fixándonos ben no que erramos podemos facelo mellor a próxima vez.

Mércores, 11 de decembro de 2013

Galego: Páxina 69 exercicios 5 e 6. Recordade repasar os adxectivos, o signo deadmiración, as palabras polisémicas, o uso de c ou z, a descrición de obxectos ...

Matemáticas: Rematar as restas indicande en cada unha o nome dos términos e comprobando coa proba que está correcta.



Martes, 10 de decembro de 2013

Galego: Estudar para o exame de galego que teremos o xoves. Revisar e pasar a bolígrafo os traballos pendentes.

Matemáticas: Levan os test dos temas 3 e 4. Revisalos. Teñen que vir asinados da casa. Temos que aprender dos erros.

 Luns, 9 de decembro de 2013

Galego: Achégase o Nadal e os Reis andan cerca. Hoxe aprendemos a describir obxectos. Tendes que rematar na casa a descripción do obxecto que escolléchedes. Recordade, no primerio parágrafo indicamos que é, no segundo parágrafo como é (dende o máis xeral: forma, tamaño, cor) ata os detalles, introducindo adxectivos e comparacións. Nun último parágrafo rematamos indicando a utilidade (para que sirve).

Castelán: Recordade que mañá facemos o exame. Como repaso, facédevos preguntas e logo valorade a nota que vos corresponde.

English: Pages 22 and 23 of Activity Book.


Xoves, 5 de decembro de 2013

Castellano: Página 61, actividades de repaso.
El examen de castellano será el martes. Las preguntas de esta página os ayudarán a reforzar los conceptos básicos que hemos trabajado en el tema: abecedario, vocales y consonantes, sonidos y letras, palabras polisémicas, familias de palabras, descripción de animales. Acordaros de estudiar. 
Si es posible, marcad al final de los ejercicios el tiempo total que habeis tardado en terminarlos todos. 


Mércores, 4 de decembro de 2013

Coñecemento do Medio: Preguntas e respostas sobre plantas.
Recordade que na libreta de coñecemento escribimos un renglón si e un renglón non. As preguntas son con bolígrafo azul e as respostas con lapis. Por suposto, podedes consultar o libro para responder ou para supervisar a vosa resposta e comprobar que é correcta. Cando rematades unha resposta separades dous renglóns para pasar ao exercicio seguinte.

Linguas: Cada un de vós xa ten o anaquiño da Constitución ou do Estatuto que vai ler mañá diante de todo o colexio. Practicádeo ben e recordade facelo con voz alta, clariña e con moi boa entonación.

Martes, 3 de decembro de 2013

Matemáticas: Rematar os exercicios 10 e 11. Valeranvos de repaso para o control de mañá. Non esquezades repasar o reloxio, as táboas ata o cinco, os términos da suma e da resta e, por suposto, as sumas e as restas.

Linguas: Recordade que mañá recollerei os traballos que aínda non entregáchedes sobre: "Os dereitos do neno", "A violencia de xénero", "Grupos cooperativos". Quedarán sen publicar os que non se presenten na data sinalada. Tamén revisaremos as libretas de castelán (coa descripción dun animal) e de galego (co peoma de Nadal).

Luns, 2 de decembro de 2013

Galego: Rematar a panxoliña que empezaron a inventar na aula.

English: English worksheet


Venres, 29 de novembro de 2013

Castellano: Descripción de un animal.
Cada niño/a escoge a un animal y procede a su descripción teniendo en cuenta lo siguiente: En el primer parrafo se recoge el tipo de animal y el grupo al que pertenece ("El caballo es un animal vertebrado ...)(
En el segundo párrafo se expone ol orden en el que se procederá a exponer los datos ("Es importante conocer las características físicas del ...., su alimentación, su forma de vida, ...). En los siguientes párrafos se van describiendo, de forma organizada. sus características físicas, las clases de ... que podemos encontrar, su alimantación, forma de vida y en el último párrafo se añaden curiosidades interesantes sobre el mismo. Al principio o al final de la descripción ilustran su escrito con un dibujo o una imagen recortada.

Matemáticas: Ficha de repaso de sumas, restas multiplicaciones y del reloj.

English: Unit 3, page 19
Xoves, 28 de novembro de 2013

Matemáticas:Practica co reloxio e coas moedas. Repaso das táboas ata o 5. Temos exame o mércores día 4.

Coñecemento do Medio: Lido o tema das plantas, mañá faremos unha posta en común do que xa saben e do que queren saber sobre as plantas. Se tendes libros relacionados ou vos apetece vir á aula falarlles aos rapaces das vosas experiencias nas leiras coméntademo neste tema e preparámolo. Moito de vós, papás e mamás sodes os verdadeiros mestres neste tema!

Mércores, 27 de novembro de 2013

Matemáticas: Rematar o exercicio 2.

Galego: Páxinas 70 e 71, exercicios 3,4 e 5. Tamén poden ir practicando os exercicios interactivos de ortografía de palabras con ce/ci, za/zo/zu.

Coñecemento do Medio: Ler o tema completo das plantas.
Dado que en 3º estamos tratando o tema das prantas, correspóndenos a nós preparar a ambientación vexetal do "Belén". Podedes colaborar aportando o que vos pareza axeitado para conformar un bonito "Nacemento".


Martes, 26 de novembro de 2013

Matemáticas: Rematar os problemas da páxina 40. Páxina 39, exercicio 4

Cadtelán: Practicar a lectura en voz alta nas páxinas 50- 51.Mañá faremos a cronolectura.

Luns, 25 de novembro de 2013

Coñecemento do Medio- Galego: Redacción "A violencia de xenero".
No Día Internacíonal contra a violencia de xéneo fixemos varias actividades relacionadas con esta temática:

Nos equipo cooperativos redactaron unha primeira definición do que eles entedían por violencia de xénero. Fixemos un dictado no que se recolleron, de xeito ordenado todas as ideas que xurdiron e moitas outras máis sutiles que tamén son violencia encuberta contra as mulleres (impoñer unha determinada maneira de vestir, con quen se pode ou non pode falar, determinar o tipo de traballo que pode realizar, humillar ...).
De seguido vimos un video moi curto no que reflexionamos sobre a importancia de que cada neno, cada nena saiba recoñecer o valor e a dignidade persoal e non se deixe levar polo que os outros din.
Varios nenos escenificaron nun "Role play" situacións de violencia na casa e finalmente falamos do que pode facer un neno que vive esa situación na casa, do que pode facer un maltratador que se decata do que está a facer , e do que pode facer a muller que está sufrindo os malos tratos. Agora queda saber, qué recordan eles, como o viven e como o redactan.

Iniciamos o tema das Plantas. Hoxe tivemos unha planta de pementos de padrón con raíz, talo, follas, flores (incluso neste tempo) e moitos froitos verdes e maduros. Xa temos na aula varios libros específicos sobre plantas para o Plan Lector.  O vindeiro mércores os compoñentes de cada equipo han de traer os recipientes e as sementes para facer un sementeiro na aula. Cada equipo ha de acordar o tipo de recipiente e de sementes que vai traer. Logo iremos observando como medran as plantas día a día.

English exam. Unit 2 "Animals, numbers 1-30, colours and days of the week" tomorrow Tuesday 26th.


Venres, 22 de novembro de 2013

Matemáticas: Practicade na casa contando os cartos que tendes en moedas e billetes, para que teñades habilidade na conta. Xa  temos preparado un pequeno supermercado na aula e temos que empezar coas compras, antes de que caduquen os productos!
Tamén teñen que seguir practicando o cambio de reloxio dixital a analóxico. Por exemplo, poñédes 19:35, hai que debuxar a hora no reloxio de agullas e logo ler a hora analóxica: "As oito menos 25".

Castelán e Galego: Practicar a cronolectura. Recordade o proceso: Primeiro contades as palabras de cada liña de texto marcando o número ao final do renglón, a lapis, nun texto que teña como mínimo 160 palabras. Pode ler o texto un adulto previamente para que asegure unha boa entoación en comas, puntos, emocións acordes ao relato ... Logo practicades varias veces en silenzo ata que vos sintades seguros. Nese intre iniciades  a lectura en voz alta e, ao minuto xusto mamá ou papá, a avoa ... teñen que dicirvos "Parade" e anotades cantas palabras léchedes. Necesariamente un alumno de 3º lerá máis de 60 ppm cunha boa entonación e paradas correctas en cada signo. Unha lectura madura achégase ás 120 ppm. Moitos alumnos/as da aula xa se achegan a esta lectura madura. Esperamos que pronto disfrutemos todos de escoitarvos ler moi ben.

Xoves, 21 de novembro de 2013

Castelán: Repaso para o exame de ´mañá: palabras polisémicas, verbos, cancións de xogo ...

Coñecemento do Medio: Repaso para o exame de mañá: características e clasificación dos animais, grupos principais coas súas características e exemplos.
Xa temos na clase varios animais para observar en directo: bolboretas, moscas, cempés ... mesmo temos unha tartaruga! Pero sería interesante observar algúns máis.

Mércores, 20 de novembro de 2013

Galego: Ficha de repaso para o exame de mañá.

Coñecemento do Medio: Estudiar o tema completo dos animais para o exame do venres, especialmente os grupos dos invertebrados cos exemplos, que é o máis novo e difícil para eles, sobre todo os nomes de equinodermos, artrópodos, crustáceos ...

English homework: an extension worksheet.


Martes, 19 de novembro de 2013

Matemáticas: Escribir e estudar a táboa do 5.
Inventar unha suma, unha resta e unha multiplicación

Galego: Práctica de lectura oral. Mañá cronolectura.


Luns, 18 de novembro de 2013

Coñecemento do medio: Fichas

English: English worksheet

Venres, 15 de novembro de 2013

Castelán: Texto normativo: Juego.
Tienen que escribir un texto normativo. En el título indican el nombre del jeuego. Lugo especificarán los apartados: Material, Tiempo, Espacio, Número de jugadores, Objetivo del juego. A continuación escribiran el apartado "Normas". Cada norma  estará numerada y terminará en punto y aparte. Deberán escribir un mínimo de cuatro normas.

Coñecemento do Medio: Estudarán a clasificación dos animais en vertebrados (peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos) e invertebrados (medusas, equinodermos, vermes, moluscos e artrópodos). Os nomes dos tipos de invertebrados sonlle novos e máis difíciles polo que terán que practicar bastante a repetición dos mesmos. Realizar as actividades interactivas que aparecen na páxina principal da web sempre lles axudará a asentar o aprendido.

English: English worksheet.


Xoves, 14 de decembro de 2013

Matemáticas: Ficha

Coñecemento do Medio: Traer recortes e ilustracións de animais para facer o mural.


Mércores, 13 de novembro de 2013

Matemáticas: Páxina 43, exercicio 5.

Coñecemento do Medio: Páxina 46, exercicios 3 e 4.
 Acordádevos de traer máis debuxos, ilustracións e imaxes de animais vertebrados e especialmente invertebrados para facer o mural da aula.
 

Martes, 12 de novembro de 2013

Coñecemento do Medio: Traer recortes de animais de calquera ilustración ou revista.

Matemáticas: Inventar un problema similar ao resolto na aula (cambian os números e os nomes das persoas, pero manteñen a estrutura).
Repaso das táboas do 2, 3 e 4. Mañá control escrito

Castellano: Rematar as actividades relacionadas coa lectura: 3, 4, 6 e 7.

English homework: Answer the questions on your class book, page 16
Test: numbers 0-30

 

Luns, 11 de novembro de 2013

Coñecemento do Medio: Páxina 46: completar o resumo; exercicio 1.

Matemáticas: Repaso do reloxio e das táboas do 2, 3, 4 e 5. Podes estudala e comporobar se a sabes nesta ligazón:
Practica a táboa de multiplicar con Cllic


Venres, 8 de novembro de 2013

Galego: Redacción: O magosto.
Deben escribir un texto con tres ou catro parágrafos. Cada parágrafo versará sobre un tema específico da festa (preparación dos bolsiños, os xogos coa castaña, comendo as castañas, a recollida, a volta a clase ..., ou calquera outro do que queiran falar. En cada parágrafo escribimos de tres a catro frases rematadas en punto e seguido. Un parágrafo e o seguinte sepáranse co punto e aparte. Han de acordarse de escribir deixando marxe na esquerda, arriba e abaixo. Na parte final poden facer un debuxo e colorealo.

Matemáticas: Repaso das táboas do 2, 3, 4 e 5.


Xoves, 7 de novembro de 20113

Matemáticas: Inventar un problema similar ao traballado na aula, e resolvelo.

Castelán: Alongar unha oración. Iniciamos a oración con trtes palabras sobre un animal.
Ficha: Ler toda a ficha antes de responder.

Galego: Rematar o autoretrato, facer o debuxo e pintalo.


Mércores. 6 de novembro de 2013

Matemáticas: Rematar o problema.

Galego: Páxina 50, exercicio 2. Páxina 51, exercicios 3 e 4.

English homework: Activity book, pages 12, 13, 14 and 15.


Martes, 5 de novembro

Matemáticas: Repetir os exercicios 5 e 6 do control na libreta.
Estudiar a táboa do 4. Mañá  control.

Castelán: Alongar frases. Escribo unha frase curta (tres palabras). Repítoa engadindo información (Que?). Repítoa engadindo nova información (Onde?). Repítoa completando a información (Cando?). Deben seguir o modelo que xa fixeron na aula.

HORARIO DE ESTUDIO
Levan unha ficha na que han de completar o horario das actividades extraescolares que teñen pola tarde e sinalar que momento da tarde adican cada día ao estudo, á lectura, aos deberes, a xogar, a ver a tele e divertirse .... Deben entregarme ao longo desta semana a parte de abaixo cuberta igual á parte de arriba. A parte de arriba pégana perto do escritorio para que coñezan a diario as actividades da mañá e as da tarde.

Luns, 4 de novembro de 2013

Matemáticas: Estudar as táboas do 2 e do 3. Mañá control.

English: Home work; Activity Book: page 12 and 13. Pupil´s Book: Write the song "Animal park".


Martes, 29 de outubro de 2013

Coñecemento do Medio: Levan tres esquemas do tema que fixemos na clase entre todos para repasar. Teñen que estudar para o control de Coñecemento que teremos o luns. Han de coñecer as principais partes do ollo, o oído e os de´mais órganos dos sentidos, as funcións que realizan e como se transmite a información. Tamén han de saber o nome dos osos e músculos principais, definir articulacións e nomear as máis importantes. Ta´mén deben recordar como debemos coidar os órganos dos sentidos e o aparato locomotor.

Galego: Levan o libro de Galego e han de estudiar o tema 2 para o control que teremos o luns. Han de saber separar as palabras en sílabas e localizar a sílaba tónica. Tamén han de recordar o que son as palabras sinónimas e saberán facer o retrato dunha persoa ou o autorretrato usando o vocabulario axeitado.


Luns, 28 de outubro de 2013

Coñecemento do Medio: Rematar e correxir a ficha que fixemos na aula.Estudiar os músculos para o exame do vindeiro luns.
Practicade coas actividades interactivas de Coñecemento do Medio que tedes na páxina principal

Matemáticas: Repasade a numeración con números de catro e cinco cifras para o exame de mañá.
Tendes moitas actividades interactivas para practicar na páxina principal.

Castelán: Estudiade para o exame de mañá e practicade coas actividades interactivas.

Venres, 25 de outubro de 2013

Castelán: Páxina 35, exercicios, 5, 6, 7 e 8.
Estudiade o Tema 2 para o exame do vindeiro martes: palábras antónimas, a receita, as linguas que se falan en España.

English exame. Unit 1: Numbers 1-12, Colours, Days of the wwk, Pumpkin

Mércores, 23 de outubro de 2013

Matemáticas: Páxina 32, exercicios, 5,6 e 8

Coñecemento do Medio: Aprender a canción do corpo dos ósos principais: Úmero, cúbito e radio, carpo, metacarpo, dedos; fémur, rótula tibia e peroné, tarso, metararso e dedas; clavícula, costelas e omóplata, esterno, pelve e cóxis.
Podedes acceder á ligazón

Martes, 22 de outubro de 2013

Matemáticas: Páxina 32, exercicios 2 e 3. Ficha de aproximacións.

English homework: Ficha


Luns. 21 de outubro de 2013

Coñecemento do Medio: Ficha dos órganos dos sentidos. Estudar esta parte do tema. Realizar algunha das actividades interactivas do tema (Páxina principal)

English homework: Ficha.


Venres, 18 de outubro de 2013

Coñecemento do Medio: Estudar o esquema da función de relación e as partes e características do OLLO e dos OÍDOS.

English homework: Page 8 and 9.


Xoves, 17 de outubro de 2013

Galego: Páxina 35, exercicios 3 e 4

Matemáticas: Inventa unha suma, unha resta e unha multiplicación.

Castelán: Escribe unha receita
Recorda que han de aparecer dúas partes ben diferenciadas: os Ingredientes  e logo a Preparación

Levan os exames de castelán e matemáticas. Deben vir asinados.


Mércores, 16 de outubro de 2013

Galego: Páxina 33 exercicios 3, 4, 5 e 7

Matemáticas: Páxina 27, exercicios 4 e 5

Coñecemento do Medio: Actividades interactivas sobre a función de relación: óprganos dos sentidos, derebro e aparato locomotor. Na seguinte ligazón: http://www.ceiploreto.es/, escolledes o libro de 3º de Coñecemento do Medio da editorial Anaya "En liña" e explorades as diversas actividades web que vos propoñen. Tamén podedes visitar a páxina de 3º A, na que xa seleccionaron directamente as máis interesantes sobre "A función de relación"
Na clase vimos especialmente o apartado relacionado coas alteracións da vista e a necesidade de protexer e coidar os ollos.


Martes. 15 de outubro de 2013

Coñecemento do Medio:
Levaron para a casa os exames. Deben vir asinados para que eu  poida ter a seguridade de que volos ensinaron. Tamén levan un pequeno esquema da Función de Relación, que estudaremos máis a fondo estes días. Como teñen que memorizar moitos nomes, non deben esquecer o esquema xeral do tema: os órganos dos sentidos captan a información; o cerebro recibe a información, decide como responder e enviar ordes; o aparato locomotor (músculos e ósos)  reacciona.

Castelán e Galego: Composición escrita.
Algúns nenos levaron as súas composicións escritas para melloralas: han de comprobar que cada frase empeza en maiúscula e remata en punto, que as frases teñen sentido e que non teñen faltas de ortografía. Xa empezamos a fixarnos nas tildes. E xa saben colocar moitas correctamente. Son uns grandes observadores.

Inglés: Estudar para o exame do venres os números do 1 ao 12 e as cores.

Luns, 14 de outubro de 2013

Estudar para os exames de castelán e matemáticas de mañá.

Inglés: Do an Enghish worksheet "Colours".
Study numbers en colours 1-12

Coñecemento do Medio: Enquisa "colaboras nas tarefas da casa?"


Venres, 11 de outubro de 2013

Galego: Estudar para o exame do luns do tema 1.
 Palabras sinónimas, comunicación tipos de linguaxe, maiúscula e punto, textos literarios e non literarios ...

Castelán: Páxina 20, exercicio 2 .
Ordenar alfabéticamente as palabras e estudar para o exame do tema 1: palabras sinónimas, ordenar alfabeticamente, comunicación e linguaxe, poesía popular, maiúscula e punto ...

Inglés: Do a worksheet.
Activity booh, page 4


Xoves, 10 de outubro de 2013

Galego: Páxina 18; exercicios 1, 2 e 3.

Matemáticas: Páxinas 18 e 19. Copiar e estudar os números ordinais. (Recadros)

Castelán: Ficha

Coñecemento do Medio: Estudar o Tema 1: "O corpo" para o exame de mañá. 


Mércores, 9 de outubro de 2013

Matemáticas; páxina 17, exercicios 4 e 5

Coñecemento do Medio:Estudiar par ao exame o tema 1.
Deben saber as tres funcións vitais (nutrición, relación e reprodución),os aparatos relacionados con cada función e o que realizan; as 6 actividades que debemos realizar para manter o corpo ben e as dúas necesarias para manter san a nosa mente. Tamén deben saber as etapas da vida (xestación, infancia, adolescencia, madurez e velle). En canto ao vocabulariop temén deben definir saúde e enfermidade.

Martes, 8 de outubro de 2013

Matemáticas: Ficha

Castellano: Ficha

Luns, 7 de outubro de 2013

Galego:
Páxina 23; exercicio 3

Coñecemento do Medio: Ficha de repaso: aparatos e saúde.


Venres, 4 de outubro de 2013

Castelán: Páxina13; exercicios 8 e 9
Teñen que estudar o que son as palabras sinónimas.

Coñecemento do Medio: Páxinas 16 e 17; completar o esquema que teñen na libreta coa información do libro.
Deben escribir a menor cantidade posible de palabras, incluíndo a información básica.
Teñen que estudar os aparatos que participan nas funcións de Nutrición, Relación e Reproducción.
Ampliación: Debuxar os aparatos.

Inglés: Páxinas 2 e 3; exercicios.


Xoves, 3 de outubro de 2013

Mates: resolver a resta
Ampliación: inventade un problema que se resolva con esa resta. Tamén podedes utilizar outros datos.
Os exercicios de mates son so para o grupo que non tivo informática.

Galego: Ficha
Composición dunha historia: Cada viñeta terá dúas frases  breves (sempre rematan en punto).

Mércores, 2 de outubro de 2013

Mates : Páxina 6; exercicios 1 e 2
Estivemos prestándolle moita atención á escrita en cadrícula: cada número vai na súa cadrícula. Separamos cada apartado do mesmo exercicio con dous cadros e un exercico de outro con catro cadros. Separamos de arriba de todo con catro cadros ...
No exercicio 2 non teñen que facer un debuxo.
Ampliación: Os que xa remataron os exercicios 1 e 2 na clase poden adornar a páxina inventando unha greca ou poden inventar un problema.

Coñecemento do Medio: Páxinas 14 e 15: esquema
Teñen que completar na libreta o esquema que realizamos na aula como resumo do lido. Logo estudarán o esquema.



Martes, 1 de outubro de 2013

Mates: ficha reloxios
Hoxe estivemos aprendendo a dicir as horas e os minutos no reloxio de agullas (analóxico). Levan, para completar unha ficha na que terán que poñer as agullas segundo indica a hora que se marca.


Castelán: Ficha de composición escrita.
Levan tamén para completar as fichas de creación dun pequeno texto en lingua castelá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario