Ola a todas e a todos:
Na xuntanza de hoxe falamos da aprendizaxe cooperativa e os vosos fillos, diciades, íanvos contando na casa a responsabiblidade que lle correspondía no grupo: mensaxeiros, responsables do tempo, do silenzo, do material.
Polo momento acordamos que os cargos son rotativos. Durante quince días terán un cargo e logo terán outro. Preguntabades en que consistía cada un. Estas son as responsabilidades que lles corresponden:
Responsable
do tempo
- Planifica
o traballo e distribúeo entre os membros do grupo.
- Avisa, de vez en cando, do tempo que falta para rematar.
- Asegúrase
de que todos van facendo o traballo proposto e non quedan atrás.
- Fomenta a participación. Asigna o turno de palabra, di a quen lle toca falar de cada vez.
- Controla o tempo que fala cada un e o tempo no que hai que facer o traballo previsto.
- Asegúrase de que todos opinan e de que todos escriben o que lles corresponde.
- No final da sesión informará se todos remataron as tarefas no tempo previsto.
Necesitará reloxio
Mensaxeiro/a:
§
Fala coa profesora: É o único do grupo con permiso para levantarse.
§
Escribe o que se acorda entre todos, lello oa
grupo para asegurarse de que todo está ben.
§
Explica, resume o escrito en días anteriores, se
é necesario.
§
Le os resultados, acordos, decisións. ... do
grupo na posta en común coa clase.
§
Controla a ortografía
e a corrección dos escritos. Necesitará diccionario.
§
No final da sesión informará se todos
respectaron ao mensaxeiro ou se alguén falou coa profesora a destempo e
sen consultar no grupo.
Encargado do material:
§
Ten
que repartir o material que precisa o
grupo e logo recollelo.
§
Na
recollida: Ten que recoller as libretas xuntas e levalas ao seu lugar. Ten que
recoller os libros xuntos e levalos ao seu lugar.
§
Ten
que comprobar que nas mesas (e debaixo
das mesas) queda todo recollido e no seu lugar.
§
Ten
que comprobar que non quedan papeis no chan.
§
Ten
que comprobar que, antes do recreo, cada neno deixa o libro de ler enriba da
mesa.
§
Ten
que conseguir que no seu grupo todos dispoñan do material necesario para
traballar: lapis, goma, bolígrafo, diccionario ....
§
No final da sesión informará se todo o material
está recollido e se todos tiveron o material necesario para traballar.
Encargado
do silenzo:
§
Controla
o ton de voz. (Os compoñentes
do grupo teñen que falar baixiño).
§
Avisa aos membros do grupo, cun xesto, dos
momentos de silenzo:
v
cando a profesora levanta a man,
v
no traballo individual (en 1,2,4);
v
durante a lectura,
v
no Plan Lector,
v
cando a profesora explica ou os compañeiros
expoñen.
§
No final da sesión informará se o grupo mantivo
o silenzo debido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario