Día da Paz
Hoxe celebramos no colexio o Día da Paz. Saimos todos ao patio e vimos unhas actuacións preciosas: os de 1º fixeron unha homenaxe a Nelson Mandela e ensináronnos unha mensaxe importante. Os de segundo cantaron e bailaron moi ben a "Cantarola dos Nenos" de Neira Vilas; e nós os de 3º B representamos "O homiño de papel". Antes estivemos preparando na clase boas noticias para encher ao home de papel de alegría e cor (estaba feito de xornal e so traía malas noticias). Os nenos teñen a capacidade de soñar e nas súas mans está cambiar o mundo e melloralo. En 3º A fixeron un poema precioso que construíron na clase de forma cooperativa. Os de 4º ensináronnos que a paz empeza nas pequenas cousas que facemos cada día. Os de 6º A cantaron a canción de Antonio Flores "No dudaría" e acompañamolos todos. Os de 6º B deixaron en nós o berro "Resistiré" de Barón Rojo. Os de 5º pecharon as actuacións co estribillo dunha canción que xa tiña moi preparada todo o colexio: "Quiero la paz, quiero la luz".
Despois das actuacións soltamos as pombas mensaxeiras, portadoras dunha mensaxe de agarimo e agradecemento á persoa que as coida todo o ano e no-las deixa neste día. Tentamos, un ano máis que voase o noso globo de papel coa mensaxe de paz, pero unha raiola de vento veu xogar con el e non puido voar. Aínda así, foi un día moi bonito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario