24 feb 2014

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro. Na clase de 3º B estivemos preparando, durante o Plan Lector, un anaco dun poema de Rosalía que empeza "Xa cantan os galos..." Tivemos que facer un casting dado que se presentaron varias parellas para interpretar aos dous namorados aos que Rosalía lle pon voz. E todos o fixeron moi ben. Noraboa a Kathia e Pedro, Laura e Román, Eloy e Iria, Raúl e Sarah. Representáronos Raúl e Iria e fixérono moi ben. Grazas a todos por participar. A celebración rematou, despois das actuacións de todos os cursos, cunha festa na que Volandeira puxo a nota musical. Moitas grazas a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario