30 abr 2014

Os maios

Hoxe moitos de vós trouxéchedes as xestas, o fiuncho e os pampullos necesarios para preparar un pequeno maio. O tempo estivo moi malo e aínda así non deixáchedes de traer as flores. Moitas grazas.
Na última hora viñeron os rapaces de 2º e cantaron unha chea de cancións. Os de 2º A ensináronnos a súa percusión corporal para o rap e escoitamos un rap moi bonito dos continentes que inventou unha nena. Claro que logo escoitamos o rap do Sistema Solar que inventou Dani. Cando o aprendamos todos xa llo iremos cantar aos demais cursos. Os de 2º B cantaron "Aí ven o maio" mentres varios nenos/as da clase acompañaban co baile. Ao final aprendemos nós a canción de maio e cantámola xuntos 2º e 3º arredor do maio mentres a profe Laura nos sacaba unha foto de grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario