16 may 2014

Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro

Hoxe, un día antes do "Día das Letras Galegas", estivemos no paseo da Calzada para celebrar unha homenaxe doble: a Ramón Cabanillas e a Xosé María Díaz Castro. Este ano foron os cursos de 3º A e 3ºB os que pintaron os paneis que adornaron a Calzada. Axudáronnos os alumnos e alumnas de 5º e algún de 4º. Os compañeiros de 6º leron dous poemas, un titulábase "Esmeralda" e nel dise algo moi importante que escollemos para o noso cartel:  "O universo sería máis pequeno sin ti".
Cando rematou a lectura de poemas, todo 3º cantou moi forte o himno galego que tiña moi ben aprendido coa profe Lucía. Bailamos moitísimo coa música do grupo de gaitas de fondo e logo vimos os carteis dos outros colexios. O que máis nos gustou foi o noso, claro!

E hoxe imos rendirlle tamén unha homenaxe moi especial a un escritor que foi mestre no colexio Magariños durante moitos anos e foi tamén o director do colexio: D. Manuel Núñez Pérez. Varios dos nosos compañeiros participarán na homenaxe e estaremos alí para acompañalos. Será ás 21:00 h. no Auditorio A Xuventude.

No hay comentarios:

Publicar un comentario