26 may 2014

Os nosos oficios: peixeira, animadora sociocultural

Hoxe contamos con dúas persoas que nos ensinaron a coñecer e apreciar moi de perto o seu traballo:

Démonos conta do longuísimo día de traballo de Lita, a tía de Iria, unha persoa que vende peixes e mariscos na praza dende as 7 da mañá ás tres da tarde e que xa ten que irse ás catro para Ribeira, á lonxa, para comprar o peixe e marisco que vai vender ao día seguinte. Ata perto das dez da noite non é o regreso á casa... Falounos de como se conserva o peixe, do que acontece cando non se vende todo na praza ...

A nosa animadora cultural, Vero, a nai de Teo, traballa no Asilo. Contounos cales son as actividades que realizan os anciáns para pasar un día o máis entretido posible. Falounos dos coidados e atención que requiren, de como escoitalos e preguntarlles, de como axudalos a ser un pouco máis felices. Contounos que son moi agradecidos e so un pouquiño que te achegas a eles recibes a cambio todo o seu cariño.
Quedamos comprometidos a facerlles unha visita no Nadal e cantarlles panxoliñas, como noutros tempos fixeron sempre os alumnos do Magariños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario