4 jun 2014

Neira Vilas e Manoele de Felisa no colexio

Un día que moitos recordaremos sempre na nosa historia persoal. Un dos escritores máis grandes da nosa literatura estivo con nós no colexio e con nós permanecerá nos libros, nas letras e no recordo. Grazas a todas os nenos e nenas e a todas as familias que traballáchedes preparando este día con tanto cariño.

O 4 de xuño de 2014 veu ao colexio o escritor Xosé Neira Vilas. O primeiro que fixo foi presentarse. Dixo que nacera en Gres, que emigrara a Bos Aires, fixo teatro ...
Na súa nenez levantábase moi cedo para ir ao cole e despois ao saír coidar as vacas. Emigrou  cando empezou a guerra a Bos Aires. Casou coa súa muller Anisia Miranda.Despois de 43 anos volveu a Gres.
Comezou a escribir en Bos Aires e continuou en Gres. Algunhas das súas obras son: Neno Balbino, Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio ...
Foi unha entrevista entretida e interesante. Gustoume moito.
Redactora: Laura Paz

Manoele de Felisa
Manoele é un dos cantantes famosos de Galicia.
Puxo cancións aos poemas de Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán ... Cantou Mari Pepa e outras máis.
Manoele tamén ten discos. Creo que temos un disco en clase. Eu quero ter un na miña casa, pero son moi difíciles de encontrar. 
A Maneole gústalle cantar moito e canta moi ben.
Redactora: Marycielo

No hay comentarios:

Publicar un comentario