2 jun 2014

Visita ao Acuario e paseo en Catamarán

Hoxe foi un día certamente especial.
Espero que todos disfrutarades da visita.
Noraboa a todos, a todas polo voso excelente comportamento.

 A excursión no catamarán.
Fomos ao Grove de excursión. Ensináronos un montón de peixes. Cada un era diferente aos demais. Eu era a que máis cousas anotadas tiña. Cada vez que explicaban algo, eu anotábao. Vimos moitas especies distintas. Vimos: mantas, langostas ... Tamén había unha tiburón toro chamada Xoana. Contáronos que os polbos tiñan 9 cerebros e 3 corazóns. Tamén nos dixeron que os polbos eran moi egoístas e cando se sentían ameazados botaban tinta para defenderse. Explicáronos unha cousa moi rara. Contaron que ás estrelas de mar cando se lles cortaban as partes do corpo, volvíanlle acrecer, e dicir,  rexenéranas.
Despois dunha laaarga visita, fumos as clases de 3º A, 3ºB, 4ºA e 4º B no catamarán. Primeiro estivemos abaixo tomando a merenda. Logo vimos o fondo do mar por unhas ventanas que tiña o catamará  abaixo de todo. Tamén puxeron música para que os nenos e as nenas distrutaramos do baile e déronos piruletas.Logo volvimos ao colexio.
Redactora: Aitana
Visita ao Acuario e paseo en catamarán
Hoxe, día 2 de xuño fumos ao acuario e ao catamarán. Montamos no autobús. Teñen unha gardería para peixes e raias. As moreas ou morenas son animais nocturnos. A gravedade da lúa fai que suba e baixe a marea. Teñen unha tiburón toro chamada Xoana. Fumos a un muso da salazón. Había un debuxo de sardiñas moi real. Montamos outra vez no autobús. Baixamos do autobús e montamos no catamarán con vista submarina. Merendamos nunhas mesas, puxeron cancións ao longo da viaxe.Parouse o barco, era porque ían ensinarnos as cordas das bateas, nas que se cría o mexilón as ostras e as vieiras. Baixamos por unhas escaleiras para mirar o fondo do mar, había unha alga con forma de trompeta e outra con forma de cancilla. Parouse a música porque tiñamos diante aos golfiños!!!!O meu soño de ver osgolfiños en vivo cos meusollos cumplíuse. Foi así como a nosa viaxe rematou. Montamos no autobús e comezamos a viaxe de volta ao colexio.
Redactora: Iria
O acuario
O día 2 de xuño fomos ao acuario do Grove en autobús, os cursos de terceiro e cuarto. A nosa monitora chamábase Leti e explicounos moitas cousas sobre os peixes que vimos: mero, raias e un tiburón femia.
Vimos un polbo que vivía so e puidemos tocar as estrelas de mar, que comían mexillóns. Visitamos a tenda onde había moitos recordos do mar e despedímonos da monitora. Subimos de novo do autobús e chegamos ao porto, onde collemos o catamarán. Alí esperábanos David, que nos explicou como se colgaban nas cordas as ostras e os mexillóns. Merendamos escoitando a música de Bob Esponja, Caillou e Xuxa, foi moi divertido. Vimos golfiños que daban saltos e dende abaixo, raias e outros peixes. Voltamos ao cole. Que mañá tan mariñeira!
Redactora: María
A excursión ao acuario e a viaxe en barco
Cando chegamos á clase fomos ao acuario do Grove. Fomos en autobús acompañados das profesoras, unha vez que chegamos unha rapaza explicounos varias cousas.
A estrela de mar é da mesma familia do ourizo de mar. Tamén vimos un tiburón toro que sen chamaba Xoana, cabaliños de mar, polbos e tamén tartarugas.
Despois subimos ao barco. Era moi grnade. Tiña dúas partes, unha arriba e outra abaixo. Eu fun abaixo. Tiña mesas e bancos para comer a merenda.
Escoitamos música e logo subimos para ver o mar. Vimos dous golfiños e despois baixamos ao fondo do barco para ver os peixes. 
Volvemos ao colexio en autobús.
Foi moi divertida a excursión.
Redactor: Miguel
Excursión al acuario
Os voy a hablar de cuando fuimos al acuario. 
Fuimos en autobús.
Llegamos al acuario. Vimos un tiburón que se llamaba Xoana.
Salimos y fuimos al museo de salazón del pescado.
Salimos del museo y fuimos al catamarán.
Al final vimos delfines.
Redactora: Sarah
El catamarán:
En la salida al catamarán fuimos en autobús hasta el acuario del Grove.
Dentro del acuario explicaron los erizos de mar, los pulpos,los peces ...
Más tarde nos llevaron al puerto y subimos al catamarán... ¡Y vimos delfines!
Al final ya estábamos entrando en el puerto y el autobús nos llevó al cole.
Redactor: Jose Ramón

O acuario e o catamarán
O luns, día 2 de xuño de 2014, fumos ao acuario do Grove. A nosa guía chamábase Leti. Coñecimos varias clases de peixes como: os peixes pedra, raias, mantas, os peixes arcos da vella... A nosa guía díxonos que as estrelas de mar tiñan cinco patas e apretaban moi forte. Extraían a súa comida. Tiñan unha tiburón chamado Xoana.Logo fumos no catamarán; primeiro merendamos, despois bailamos e vimos golfiños. Cando chamaron fomos ver o fondo do mar. Foi a mellor excursión da miña vida. Gustoume moito.
Redactora: Laura
O acuario
Fai uns días fomos ao acuario e  nun catamarán.Ao saír do cole había dous autobuses e xa saímos neles para ir ao acuario. A profe Laura de 3ºA quitoume o teléfono e so puiden sacar unha foto con Pedro e Sabela P. Logo fomos ao catamarán e puxéronos música. Vimos logo delfíns e marchamos para casa e mentre,  cando marchamos, xogamos a un xogo 3ºA  e 3ºB.
Redactora: Érika

No hay comentarios:

Publicar un comentario